Час  49 хвилин

Координати 184

Uploaded 18 жовтня 2012

Recorded жовтня 2012

-
-
8 m
2 m
0
1,4
2,8
5,54 km

Переглянуто 5057 раз(и), завантажено 9 раз(и)

біля  Aveiro, Aveiro (Portugal)

No centro urbano de Aveiro dispoñedes dun servicio turístico de viaxes pola rede de canles que sucan esta fermosísima cidade a bordo dun barco típico dos que antigamente usábanse para transportar as algas que servían de abono para os campos de cultivo: o moliceiro.
Desde esta embarcación de vivos colores e curiosas pinturas coñeceredes Aveiro desde outro punto de vista. Saímos do peirao que hai no parque do Rossio e polo Canal Central pasaremos a beira da antiga capitanía de Aveiro, hoxe Assembleia Municipal. Agora o canal chámase do Cojo, rematando no Lago da Fonte Nova, as ourelas do que antes era a fábrica de cerámica.
O moliceiro enfila augas abaixo pasando de novo polo parque do Rossío e segue polo Canal das Pirâmides ata a súa comporta e volve augas enriba para meterse no Canal de São Roque, por debaixo da Ponte de São João. Logo de ver a Ponte Salineira e os almacéns do sal, regresamos aos cais do Rossío.
Antigos almacéns do sal.
Antiga fábrica de cerámica, hoxe pazo de congresos.
Embarcadoiro desde o que parte o moliceiro.
Canal no centro de Aveiro.
Canal que termina nas comportas.
Canal transversal con entrada pola Ponte de São João.
Canal que termina no Lago da Fonte Nova.
Comporta no Canal das Pirâmides.
Antiga Capitanía de Aveiro.
Parque no centro de Aveiro.
Nome non oficial da ponte central de Aveiro.
Ponte no canal de São Roque, na entrada as salinas.
Ponte de entrada ao Canal de São Roque.

Коментарі

    You can or this trail