Час  5 годин 20 хвилин

Координати 1175

Uploaded 20 листопада 2016

Recorded листопада 2016

-
-
908 m
678 m
0
4,4
8,8
17,64 km

Переглянуто 808 раз(и), завантажено 26 раз(и)

біля Río, Galicia (España)

19-11-2016
,
Roteiro dirixido por Willy García-Calvo http://roteirosuvigo.blogspot.com.es/
Partimos desde Ourense xunto cos compañeiros de Vigo e Pontevedra en dous autobuses cara a San Xuán de Rio.
Tra-las instrucións de rigor, iniciamos o roteiro que nos levou por Domecelle, Mouruás, San Xulian, Ponte Navea e Pena Folenche. Volvemos a cuzar o río por Ponte Navea, e dirixímonos cara a San Xuán de Río pasando pola fraga, da que farei unha descrición mais adiante tomada da web do Concello.
Na ponte Navea, Martiño Vazquez Mato deunos unha charla moi amena, sobre o medio natural e a influencia do home. Sobre o espazo protexido de San Xuán de Río, e tamén sobre a via XVII que unía Braga con Astorga, e da que a ponte e os seus accesos formaban parte.
A ponte actual conta cun ancho de 3,75 m por un longo de case 30 m. A súa estrutura dun só arco apuntado de 20 m de luz, remóntase á época medieval.
A primitiva era de orixe romana e as súas dimensións eran moito máis grandes, para permitir así o cómodo paso das lexións. Parece ser que estaba provisto de dous arcos e a súa anchura era de 7,60 m.
Antes de chegar a Pena Folenche detémonos a papear nun grupo de cabanas que son sequeiros de castañas.
Pena Folenche debe o seu nome á pena que domina a aldea cun miradoiro na cima e visión de 360 º. Contan que nun tempo refuxiouse aquí o " fuxido" Mario de Langullo.
Volvemos cruzar o rio por ponte Navea e tomamos dirección cara a Leiras Longas, o Chelo, o regato de Lentellais e a Fraga. Para chegar aquí ainda nos quedan duas duras subidas.
Esta constitúe un dos paraxes de máis interese, non só do concello, senón de toda Galicia. Alcanza unha superficie de 116.52 ha, habitadas na súa totalidade por especies nobres. Vese atravesada por unha ruta que sae de Mouruás en dirección a San Xoán de Río, practicable tanto a pé coma en bicicleta. Os accesos á Fraga estan ben sinalizados con paneis indicativos. Outros sendeiros da fraga teñen entrada por Reboledo, Domecelle, San Xoán de Río e San Miguel.
Rematamos o roteiro arredor das cino, xusto cando comezou a chuviscar.
É un roteiro moi fermoso, e moi ben organizado.
Para volver
Waypoint

Fraga

A Alenza
Waypoint

Bocata

Pobra de Trives, a
Waypoint

Sequeiros

Edificación
Waypoint

Capela

A Ponte Navea
Waypoint

Capela de San Antonio Domecelle

Waypoint

Encoro das Guístolas

Límite de Municipio / Provincia
Waypoint

Fin

Edificación
Waypoint

Fondo de Vila

Fondo de Vila
Waypoint

Mouruás

Línea de Manzana
Waypoint

Pena Folenche

Pena Folenche
Waypoint

Peña Folenche cumio

Pena Folenche
Waypoint

Ponte Navea 2

Ponte Romano
Waypoint

Ponte Navea 1

A Ponte Navea
Waypoint

San Xulián

Waypoint

San Xuán de Río

Edificación

Коментарі

    You can or this trail