Час  одна година 40 хвилин

Координати 419

Uploaded 30 березня 2017

Recorded березня 2017

-
-
753 m
688 m
0
1,1
2,2
4,49 km

Переглянуто 1069 раз(и), завантажено 14 раз(и)

біля Medeiros, Galicia (España)

Medeiros, entre mámoas, castros e cruceiros, 5000 anos de historia
Antes de comezar esta ruta quero aconsellar a quen a faga que, a maiores da ruta recomendada, se perda pola aldea, se meta polas súas rúas medievais e labirínticas para descubrir a que foi a maior aldea de Galicia, en estensión e poboación (sen ser cabeceira municipal), e descubrirá a maior cantidade arquitectura tradicional e rural de toda Galicia, sen desmerecer a ningún outro lado. A pesares do seu abandono, conserva moi ben barrios enteiros de casas sen remozar, co que as fotos sacadas terán imaxes que son as mesmas que se sacarían hai cen anos, de estar nesa época.
A ruta comeza no Outeiro da Aldea, un montiño rapado onde non nace máis que herba e que, non hai tres décadas, estaba cheo de medas de palla feitas por cada un dos veciños. Contan as lendas que a aldea estaba nese outeiro, pero unha invasión de formigas obrigou á poboación a deixar o lugar para facer a aldea máis abaixo. Ademais, a cantidade de restos e escombro que se atopan cada vez que se fan obras por alí é descomunal, pero aínda hoxe estamos agardando unha investigación seria sobre o lugar, que, sen dúbida, tivo que ser un castro enorme, dos máis grandes de Galicia.
Baixando dende o castro atoparemos, diante da escola da aldea, un cruceiro descontextualizado. Estaba tirado nunha cuneta e formaba parte do Vía Crucis que aínda se conserva in situ noutras partes da aldea. Para que non se perdera, os veciños decidiron, cando se fixo a escola nova, poñelo alí, nunha sorte de rotonda. Dende aqui baixamos ata o Souto, onde está o Teleclube, as escolas vellas e o campo da festa, onde están a maioría dos contrapesos dos vellos lagares de viño que había no monte. De por si, a presenza masiva destas pedras delata a existencia dunha das culturas do viño máis antigas de Galicia, pero eso queda para outro momento.
A arquitectura tradicional que iremos vendo ao longo da ruta é abrumadora, tanto pola cantidade como polo calidade: airas, corredores, pendellos e adegas. Pero o máis destacable que atoparemos neste comezo de ruta é a fonte do Valeciño (barrio que é máis grande que moitas aldeas). Esta fonte, romana sen dúbida, está alimentada das minas de auga que están arriban no souto, nunhas covas hoxe tapadas polo cemento, a través dun “acueducto” de canaletas de pedra, hoxe soterradas debaixo do cemento e os adoquíns. Dende esta fonte de auga rica, meterémonos no barrio do Valeciño ata a praciña da Laxa. Como veremos, está case deshabitado, pero aínda conserva moitos recantos especiais e casas dignas de ver. O dito, se queremos perdernos un rato polas rúas deste barrio, non será en van, e será moi doado recuperar a traxectoria da ruta.
Dende aquí, xa pola zona das hortas dos veciños, iremos dar aos pilóns, onde antes se lavaba a roupa e bebía o ganado. No pilón da esquerda, o máis vello, veremos aínda parte desas canaletas de pedra que traían a auga que antes chegou á fonte do Valeciño e tamén a desvían ata aquí. Dende estos pilóns, meterémonos no barrio do Bouzo, onde tamén desfrutaremos dunha boa cantidade de vivendas con arquitectura tradicional, con algunha casa de categoría case vilega, ata chegar aos pilóns do Bouzo. Segundo nos vaiamos achegando, veremos o Pazo Reitoral, que aínda non é tan grande como outras, pero véselle a súa fartura e riqueza só polo ven construída que está e o seu patio empedrado. Diante da reitoral está o cruceiro do Bouzo, unha obra mestra do século XVIII, cunha piedade nun lado e o crucificado de outro, feito cun estudo anatómico maxistral que nos fala da riqueza desta parroquia. A carón do cruceiro tamén está a Fonte do Bouzo, moi antiga, que foi arcada pero a destruíron, quedando hoxe menos vistosa pero cun auga apetecible. Dentro da fonte hai unha columna catalogada como romana.
E dende a fonte, mirando para o sur, veremos unha das xoias da aldea, a Torre Medieval. Durante séculos perdeuse a memoria desta torre, pero gracias a documentos de herdanza do século XVI, sábese que esta torre foi feita arredor de comezos do XV ou incluso finais do XIV. É unha torre de prestixio, con pouco valor defensivo, que coroaba un pazo, hoxe desaparecido baixo uns garaxes de cemento e bloques... Pero a súa antigüidade e fortaleza son tan evidentes que merece a pena achegarse para desfrutar da súa vista. Tan ben conservada está que incluso o teito, feito a catro augas desiguais, é o orixinal, segundo investigadores do CSIC.
Dende a torre tamén se ve a igrexa, grande para unha aldea, monolítica, alta e austera, feita na época onde os Xesuítas de Monterrei eran donos das rendas da parroquia, en 1604. O máis destacable son os cinco cruceiros que a rodean (ademais do cruceiro artístico do Bouzo) e, dentro, a gran pía bautismal, posiblemente románica, e o enorme e valiosísimo retablo barroco, cheo de figuras de innegable valor artístico e moi pouco recoñecido fóra dos círculos académicos.
Seguindo, dentro da aldea, a ruta establecida, irémonos achegando á saída, onde se concentran o resto dos cruceiros do Vía Crucis citado. Ábrese unha praciña, asfaltada, onde tamén veremos unha boa chea de contrapesos de lagar, afondando na tese antedita da cultura do viño de Medeiros. Alí mesmo temos dous cruceiros, e case a carón deles, unha ara romana adicada, polo que parece, a Xúpiter, IOVI, atopada nos restos dunha capela, a de San Brais, desaparecida noutra zona do monte onde tamén hai un gran castro, o Muro da Cidade, que hoxe se está investigando. Dende a ara, chegaremos á entrada tradicional da aldea dende o val, e o que máis chama a atención é o Calvario do Vía Crucis, ao que lle falta unha cruz, desaparecida hai moito tempo. Uns metros máis adiante do Calvario, outras dúas cruces que representarían os derradeiros dous pasos dese rito cristián...
Dende os cruceiros, a cen metros, colleremos á esquerda o camiño máis tradiciónal da aldea, a Corredoira, que comunica a mesma coa zona de máis tradición e historia, o Pelado ou San Salvador da Roza. Ao longo desta Corredoira podemos atopar un par petróglifos de coviñas, ademais de ser unha zona de brañas e humidais que farán as delicias dos que buscan microfauna e paxaros estacionais. Hoxe, estas terras, non están moi traballadas, pero nas épocas axeitadas aínda se poden ver arados tirados por cabalos, e un souto moi grande de castiñeiros moi vellos.
Seguindo, nun cortiño paseo, xa iremos vendo San Salvador da Roza, unha ermida románica, moi retocada no tempo, que no pasado foi un lugar de enterramento xermánico ou paleocristián. A cantidade tumbas dos séculos V ata o IX delata a suma importancia que tivo este lugar despois da caída do imperio romano, e polo tanto, tamén se deduce que a súa importancia anterior tiña que ser enorme. As investigacións nos relatan que este lugar foi usado durante séculos tanto pola xente pobre como polos dirixentes dese reino suevo esquecido pola historiografía, e que foi o primeiro reino de Europa. Medeiros, nese tempo, e polos restos atopados, foi unha das súas capitais e quedan como testemuñas desta hipótese as riquísimas tampas de pedra dos sarcófagos que ata aquí se moveron con moito esforzo. A ermida non ten maior interese artístico, salvo polos catro cruceiros (removidos do seu lugar orixinal dentro da aldea, para “adornar” a ermida), o altar de pedra do seu exterior, e as tumbas citadas que hoxe están dentro da nova construcción que hai dentro do recinto. Igualmente, dentro da igrexa está a figura de madeira do San Salvador, pertencente a esta ermida, de estilo románico ou prerrománico, feita en madeira, e que artisticamente ten un valor incalculable.
Deixando atrás a ermida, e indo de cara ao monte Larouco, omnipresente en toda esta zona, nos achegaremos ás brañas da Roza, con multitude de charcas e pozas. A uns cen metros das pozas temos o monumento máis antigo da zona, unha mámoa. Unha mámoa é un túmulo de terra e pedras que serveu como tumba dun personaxe importante de hai uns 5000 anos. Esta mámoa conserva o túmulo, un par de esteos da cámara interior, e parte da coiraza pétrea feita con seixos brancos e outras pedras chamativas.
Dando a volta dende a mámoa, en dirección sur, e paralelo o camiño ás brañas, iremos dar aos pasos tradicionais chamados poldras, para non mollarse cando ías coa facenda a pastar a estes lugares. Hai dous seguidos, as Poldras do Ourizo, e uns trinta metros máis adiante, a Poldras da Chiva. O camiño que segue, por suposto, é dos máis antigos e tradicionais e levaranos a bordear o Outeiro da Aldea, sempre co Larouco vixiando os nosos pasos. Cando cheguemos ao sur do Outeiro, entre construccións nova, estaremos pisando unha zona sen investigar onde levan aparecido nos últimos 30 anos unha boa cantidade de tumbas romanas, feitas con tégula. Dende aquí, fora da nosa ruta, veremos un pequeno outeiriño cara o sur chamada Montecelo. Se nos queremos achegar vermos os cimentos dunha vella construcción desaparecida, feita no século XVII co gallo de defender a fronteira durante os dous século que esta zona estivemos en guerra con Portugal. E dende Montecelo, máis ao sur, poderemos ver ao lonxe o imponente castro chamado Muro de Búbal, tamén pertencente a Medeiros.
Pero seguindo a nosa ruta, subiremos ata o alto do Outeiro da Aldea, dende onde veremos a disposición da aldea ao completo, e unha gran panorámica das chairas do Larouco, o propio monte, o percorrido do gran río Búbal e a fronteira con Portugal, co mundo do Barroso ao outro lado da raia, testemuña de guerras, contrabando, maquis... Dende este alto, chegaremos ao punto de partida, deixando amolecer unha sensación de ter pasado un libro de historia de 5000 anos...
Archaeological site

Castro do Outeiro da Aldea

Castro do Outeiro da Aldea
Сакральна архітектура

Cruceiro do Outeiro

Cruceiro do Outeiro
фото

Arquitectura tradicional

Arquitectura tradicional
джерело

Fonte do Valeciño

Fonte do Valeciño
фото

Arquitectura tradicional

Arquitectura tradicional
фото

Arquitectura tradicional

Arquitectura tradicional
джерело

Pilón do Valeciño

Pilón do Valeciño
фото

Arquitectura tradicional

Arquitectura tradicional
фото

Arquitectura tradicional

Arquitectura tradicional
фото

Casa reitoral de Medeiros

Casa reitoral de Medeiros
Сакральна архітектура

Cruceiro do Bouzo

Cruceiro do Bouzo
фото

Pilóns do Bouzo

Pilóns do Bouzo
джерело

Fonte do Bouzo

Fonte do Bouzo
фото

Torre Medieval (s.XV)

Torre Medieval (s.XV)
Сакральна архітектура

Igrexa parroquial de Medeiros

Сакральна архітектура

Igrexa parroquial de Medeiros

Igrexa parroquial de Medeiros
Сакральна архітектура

Cruceiro da Igrexa

Cruceiro da Igrexa
Сакральна архітектура

Cruceiro 5 Via Crucis

Cruceiro 5 Via Crucis
Сакральна архітектура

Cruceiro 7 Vía Crucis

Cruceiro 7 Vía Crucis
Archaeological site

Aea a Iovi de San Brais

Aea a Iovi de San Brais
Сакральна архітектура

Calvario

Calvario
Сакральна архітектура

Cruceiro 8 Via Crucis

Cruceiro 8 Via Crucis
Сакральна архітектура

Cruceiro 10 Vía Crucis

Cruceiro 10 Vía Crucis
фото

Camiño tradicional

Camiño tradicional
Archaeological site

Petróglifo 2 da Corredoira

Petróglifo 2 da Corredoira
фото

Contrapeso de lagar

Contrapeso de lagar
Сакральна архітектура

Cruceiro 1 Vía Crucis

Cruceiro 1 Vía Crucis
Сакральна архітектура

Ermida de San Salvador

Ermida de San Salvador
Сакральна архітектура

Cruceiro 3 Vía Crucis

Cruceiro 3 Vía Crucis
Сакральна архітектура

Cruceiro 4 Vía Crucis

Cruceiro 4 Vía Crucis
Archaeological site

Necrópole xermánica de San Salvador

Necrópole xermánica de San Salvador
Birding spot

Brañas da Roza

Brañas da Roza
Archaeological site

Mámoa da Roza (túmulo funerario)

Mámoa da Roza (túmulo funerario)
Міст

Poldras do Ourizo

Poldras do Ourizo
Міст

Poldras da Chiva

Poldras da Chiva

Коментарі

    You can or this trail