julk

Час  3 годин 33 хвилин

Координати 1787

Uploaded 10 серпня 2014

Recorded серпня 2014

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
512 m
116 m
0
10
21
41,45 km

Переглянуто 2524 раз(и), завантажено 98 раз(и)

біля  O Carballiño, Galicia (España)

Ruta que transcurre por camiños e pistas pouco empregadas para chegar a Boborás, onde collemos o tramo da ruta dendeirista que vai ata Pazos de Arenteiro en sentido inverso ata chegar a Cameixa.

Unha vez alí, imos polo comunal e baixamos ata San Bartolomeu da Freixa, punto no que remontamos por unha pista con forte sentido ascendente que no leva a Vilachá.

Saimos de Vilachá por una camiño primeiro cementado e posteriormente con firme de terra, moi rodador e divertido pola presenza de laxas, que remata na aldea de Sobredo.

Uns metros de asfalto por unha estrada moi tranquila achéganos ó inicio da ruta marcada có nome de "Ruta das poldras de Salón", que neste tramo levanos á aldea dese nome por un camiño con forte pendente positiva que se fai delicado pola presenza duns tubos plásticos que discurren paralelos ó camiño e ameazan tirarnos.

Este tramo remata á entrada de Salón, nun descampado no que podemos ver un fermoso peto de ánimas. Continuamos baixando entre as casas da aldea, nun descenso que pon a proba a retención dos nonsos frenos.

O rematar a aldea cruzamos a estrada e, baixando uns escalóns, chegamos á ponte das poldras, fermoso exemplo deste tipo de construccións.

Por un fermoso sendeiro circulamos paralelos ó río Avia ata chegar á estación trasformadora do encoro de Albarellos, punto no cal collemos o camiño asfaltado que nos achega a Pazos de Arenteiro.

Xa na señorial aldea imos seguindo o trazado do devandito sendeiro que vai a Boborás, sendeiro que por tramos acusa falta de mantemento. Nada grave, en todo caso.

Ó chegar a Liñariños deixamos o trazado "oficial" e facemos a vertixinosa baixada que nos achega preto da aldea de Valiñas. Nós collemos a estrada de entrada na aldea en sentido contrario para ir a Moldes, xusto onde nace o sonado tramo que sigue o río Arenteiro ata Ponterriza.

Collemos a estrada vella de Pontevedra, e entramos no Carballiño atravesando o parque da vila.
Carretera sin pavimentar
Río Avia

5 коментарів

  • Фото Xulio71

    Xulio71 14 серп. 2014

    Bonita ruta Julk,eu fixena ,pero con unhas variacions o principio e outras o final,sobre todo o final,(pois pinchei unhas cuantas veces tuben ke cambiar unha camara da roda traseira e un cable do cambio,enfin de todo),pois ata o Igrexario fun moi ben ,pero logo kedabame sen bateria o mobil(pois tabame o 12/100) e decidin facer a subida ata Cabanelas e desde ali para Carballiño,a subida dO San Bartolomeu chegoume JJJJa pero valeu a pena para despois facer a baixada ata a ta a central,IMPRESIONANTE o partido ke lle sakei a mina REINA nesa baixada.Como sempre un 11 nesta ruta.Gracias por buscar estas RUTIÑAS para todos (Y)

  • Фото brunosousa

    brunosousa 2 січ. 2015

    I have followed this trail  View more

    Ruta feita 02-01-2015, muy bonita, a bajada asta a central ES PE TA CU LAR, a subida anterior pone a tono a cualquiera, y después a subida de Pasos un "clásico" que siempre me encanta subir!
    Me salió de desnivel 1300 que quer decir que es curta mas intensa!
    Enhorabuena Julián!

  • Фото julk

    julk 2 січ. 2015

    Grazas polos comentario e polos ánimos a ambos :)

  • Фото sainzajump

    sainzajump 23 трав. 2016

    I have followed this trail  View more

    Ruta feita o día 23/05/2016. Terreo bastante seco, hai unhas árbores caídas no km 6,5 aproximadamente, antes de cruzar un regato. No puente das pozas de Salón , tamén hai que pasar a pé. E nun sitio no km 13.20, ó pasar Salceda, hai moita maleza (herbas altas mais ben), debaixo dun tendido eléctrico en subida, puiden pasar, pero se segue de frente en salceda , mais adiante, sobre uns 300m en línea recta volveríase contactar co track.

    A ruta está moi chula, con boas baixadas e tamén subidas, pero nótase que non é moi frecuentada, hai sitios que debe haber un mes que non pasa unha bici, jeje..

    noraboa, porque disfrutei.

  • Фото julk

    julk 23 трав. 2016

    Grazas polo comentario, Sainza.

    Terei que repasar con mais frecuencia as rutas. Pero con buscar sitios novos non dou feito... :P

You can or this trail