julk

Час  5 годин 36 хвилин

Координати 3703

Uploaded 27 квітня 2014

Recorded квітня 2014

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
1 152 m
76 m
0
24
48
96,72 km

Переглянуто 3845 раз(и), завантажено 126 раз(и)

біля  O Carballiño, Galicia (España)

Ruta tan dura coma fermosa e variada. Ten pasos moi técnicos no descenso e outros de pisteo, pero o que non ten é apenas asfalto.

Saíndo do Carballiño baixamos a Leiro pola coñecida ruta dos Arrieiros e, unha vez cruzado o Avia pola ponte das poldras, comezamos o ascenso a Berán por sendeiros empinados e empedrados que van a minar pronto as nosas forzas.

Cruzamos Berán polas súas rúas enlousadas e continuamos gañando metros por sendeiros para os que necesitamos de todo o desarrollo que levemos, ata alcanzar Orega, onde empezan a aparecer pistas.

Son pistas forestais fermosas, cheas de árbores, que fan o rodar entretido, se non fora polos mosquitos que nos atacan ávidos polo cheiro do noso sudor.

Deste xeito tomamos un par de quilómetros de asfalto para rodear Faramontaos e entrar na Senda natural de Pena Corneira, coa inconfundible silueta do bolo que lle da nome aparecendo deseguida.

Xa no camiño sinalizado comezamos un sube-baixa con tramos entre grandes bolos e pechadas curvas que poñen en apretos a reducida axilidade da nosa 29er.

Este camiño discurre maioritariamente por pistas de 3 metros de ancho con firme de pedra solta, o que fai que as baixadas sexan delicadas debido á falta de direccionalidade.

Pero tendo conta chegamos ó área recreativa de Abelenda, onde podemos ver uns espléndidos hórreos e o camiño se bifurca en dous ramales: un que vai a Carballeda de Avia e outro, que remata no curro das Laceiras, o que collemos.

Xa sen gravilla, o camiño -con firme de terra compacta- vai ascendendo paulatinamente para chegar ó pobo das Fermosas, onde paramos para repoñer auga.

Saimos das fermosas e, tras escasos 100 metros de asfalto, vemos unha pista sinalizada que apunta para o ceo. A nosa. Subímola pouco a pouco e de súpeto a pista deixa paso ó asfalto: son 350 metros, pero que se agradecen para soltar pernas.

Sen outro desvío, o asfalto desaparece e no seu lugar volve a terra. Neste punto miramos á esquerda e, ó lonxe, vemos unha mancha blanca que relacionamos con O Carballiño porque xusto ó carón vemos o viaducto de AVE. Estamos moi altos e moi lonxe da casa. Mamáaaaaa...!!!

Deseguida aparece o curro das Laceiras, e chegamos ó pe dos primeiros aeroxeneradores. Non remata a subida, pero facemos un pequeno desvío da nosa ruta para ir á ermida da Xestosa, fermosa polo emprazamento e pola enigmática tumba antropomorfa precristiana que hai ó seu pe, dando fe de cultos dos antergos.

Á volta ó noso camiño descubrimos un monolito que sinala o nacemento do río Tea, afluente do Miño, ó que se une en Salvatierra.

Seguimos subindo e, tras as últimas e desexadas rampas pola pista do parque eólico, chegamos ó Faro de Avión, emblemática cima na que podemos atopa un vértice xeodésico anque non sexa o punto mais alto por un par de metros(a honra a leva o Coto da Pía). Aínda así, podemos admirar unha espléndida vista dende os seus 1.151 m sobre o nivel do mar.

Acadamos o punto mais alto da nosa ruta, polo que progresivamente comezamos o descenso, primeiro polas amplas pista do parque eólico e, cando ese remata, polo que debe ser a pista que había antes da creación deste parque, unha pista MOI entretida, chea de pedra grande e irregular que disfrutamos gracias á doble suspensión ;)

Esta pista morre na estrada da canteira cercana, polo que seguimos baixando por asfalto algo mais de un quilometro. Xusto cando nos apartamos para coller outra pista, xa mais estreita, que continúa baixando cara á aldea de Tourón, unha pista con marcas de carro e moita curva, entre fragas.

Ó pasar Tourón collemos o desvío á esquerda que nos leva ás fervenzas, por unha bonita pista pechada ó tráfico. Así chegamos ó río Cerves, que nos sauda ruidosamente debido ó gran volume de auha que leva tras un inverno moi pluvioso.

Temos que botar a bicicleta ó lombo para salvar uns escalóns, pero paga a pena tomalo con clama para ver o espectáculo do entorno, e tirar unhas fotos: chegar a este punto coa bicicleta é unha sensación vivificante.

E comezamos o descenso pola ruta das fervenzas. Ollo porque hai moito escalón, e algún ten bo desnivel; amais, a pedra estaba mollada e nunca se sabe.. En calquera caso, o mais habilidosos disfrutarán do grado de esixencia da baixada, e os menos atrevidos disfrutarán da beleza do lugar. Chegarán a Melón ambos case sen darse conta en calquera caso.

Uns metros mais de asfalto e comezamos a baixada ó monte Bandeiriña, unha baixada primeiro por pista aberta e ancha e mais estreita logo, pero chea de curvas e con moita pedra de tamaño medio, que fai que cheguemos abaixo cun soriso e ganas de mais.

Estamos a 80 m sobre o nivel do mar, cando hai nada pasábamos dos 1,100. E entramos en Francelos, aldea pola que rodamos e tiramos unha foto na igresa prerrománica de San Xes.

Dende Francelos baixamos ó Miño para coller a pista de terra da ruta do Avia, que nos leva a Ribadavia primeiro e deseguido remonta este río cara Leiro.

Nos desviámonos algo antes, en Esposende, para iniciar o ascenso ó Campo Redondo, unha subida paulatina pero sen descanso mais que para a vista, pois a cada rato aparece unha fermosa vista do Ribeiro.

Deste modo chegamos a Cenlle, poboación na que paramos para repoñer auga. Ó lado da fonte hai un bar, que seguramente poderá axurdarnos a estas alturas.

Continuamos o noso camiño polo comunal de Cenlle, que nos deixa na aldea de Cima de Vila. Outro sendeiro fermoso nos achega á aldea de Figueiredo, onde collemos a estrada que vai a Ventoselo. Un pechado sendeiro entre carballos nos deixa no San Amaro.

Mais camiños nos achegan a Montes, non sin antes deternos a ver unha inesperada imaxen do Carballiño ó lonxe.

Sen ver nada de asfalto imos pasando por varias aldeas: As Neves de Grixoa, O Marco, Aguisar e, finalmente, cruzamos o regato de Varille por unha ponte de poldras e chegamos ó Refoxo, onde enlazamos con outro ramal do Camiño dos Arrieiros, que nos deixa nas Caldas.

Enlazamos mais camiños para entrar no Carballiño con case 100 quilómetros e moi contentos pola experiencia.

As Fermosas
Rúa Quinteiro
Bosque
Campo Redondo-Santo Andre
Estrada a Beariz
Cenlle
Caseta y Antenas
Fuente y Área recreativa.
España
España
Maleza
Maleza
España
Bosque
Francelos
España
España
Vértice xeodésico.
Carretera sin pavimentar
Orega
Huerto
España
Bosque
Maleza
España
Faramontaos
Bosque
Carretera sin pavimentar
560 m altura
Carretera sin pavimentar
Río (No Permanente)

15 коментарів

  • Фото @nfeso

    @nfeso 29 квіт. 2014

    Pintaza, que na axenda para un oco. Rediola

  • Фото brunosousa

    brunosousa 17 трав. 2014

    I have followed this trail  View more

    Ruta hecha 16/05/2014, guapa, exigente,... Un RUTON.

  • Фото julk

    julk 18 трав. 2014

    Grazas, Bruno... ;)

  • Фото sainzajump

    sainzajump 31 трав. 2014

    I have followed this trail  View more

    Ruta de 10...impresionante en todos os sentidos.ESo sí...debe facer tempo que non pasa ninguén por parte da ruta.Hai moitas-pero moitas zonas con maleza e herbas altas...paus tirados atravesados no camiño.
    Polo demais , a ruta moi ben enlazada con moita variedade.
    Por certo...ten poucos puntos o track e hai moitos cruces , que ó non coñecer, pásase un, ata que o Gps avisa de camiño erróneo. Eso soluciónase, pondolle no Gps , grabación " máximo", para que grabe con mais puntos e sexa mais fiable o track..

    Noraboa..un rutón -rutón.

  • Фото sainzajump

    sainzajump 31 трав. 2014

    A ruta ten 2882m de acumulado, non 2610 como pon no texto da dereita.

    Por certo, os sendeiros juapísimos e as vistas impresionantes.

    Saúdos.

  • Фото julk

    julk 1 черв. 2014

    Tomo nota dos teus comentarios, Sainza, anque eu non teño notado esa carencia de puntos. De feito, eu vou seguindo os meus traks con frecuencia e non me perdo...

    Claro que non teño un Edge, polo que vou moi atento á pantalla xa que o meu dispositivo non avisa da perda do rastro.

    En canto ó dos camiños, Bruno pasou hai pouco, pero é certo que dende xaneiro que empecei a buscar camiños ata finais de abril que subín a ruta, a cousa empeorou bastante. Esperemos que non continue por este camiño.

    Grazas polo teu comentario ;)

  • Фото brunosousa

    brunosousa 1 черв. 2014

    Hola amigos, a verdad es que hay mucha maleza pero infelizmente non es sólo en esta ruta ayer mismo fue hacer a ruta larga da III Kedada de os Mosqueteiros y hay zonas que casi non se dá pasado, árboles caídas a impedir o paso, etc.etc... Se nos complica a vida... dentro de poco temdremos que primero limpiar y luego pasar!
    Un saludo y Lumeeee. ..


  • Фото julk

    julk 1 черв. 2014

    Así é, Bruno. Eu esta mañá estiven revisando un percorrido longo que teño pensado facer, e.. Hai que cambialo :(

  • Фото punxin

    punxin 14 лип. 2015

    I have followed this trail  View more

    Impresionante. Ruta durísima pero preciosa. Especialmente recomendable o primeiro tramo despois de Pena Corneira pola dificultade técnica e a beleza do camiño.
    Dicir que o camiño se atopa en optimas condicións sen tramos pechados pola maleza. Os pasos perigosos como os escalóns están sinalizados no track, así como as fontes onde coller auga (imprescindible nunha ruta tan longa).

  • Фото juliopme

    juliopme 22 жовт. 2015

    Tremenda ruta, con un recorrido impresionante ainda que algo durilla. Realizada en septiembre de 2015, xa se atopan alguns sitios que toca votar o pe a terra por culpa da maleza, pero todo ten solucion. Unha ruta pa recordar e recomendar.

  • Фото julk

    julk 22 жовт. 2015

    Grazas polos comentarios! ;)

  • Фото hugoreyespinosa

    hugoreyespinosa 25 бер. 2017

    Teño idea d facer esta ruta. Alguen sabe como esta de maleza???

  • Фото julk

    julk 25 бер. 2017

    Eu a fixen hai cousa dun par de meses, e salvo catrocentros metros (mais ou menos) con maleza alta e troncos caídos, polo resto, todo ok. Algún tronco mais, pero nada preocupante.

    Xa nos darás as túas impresións!!!

    Un saúdo

  • Фото calan

    calan 8 квіт. 2017

    Realizada parcialmente el 07/04/2017. Hicimos 63 kms del trazado, saliendo desde el campo de futbol de Ribadavia y,sin ir hacia Carballiño, enlazamos con el track en Bieite, antes de Berán. El tramo de la maleza está entre Berán y Orega, en el km 18 del track de julk.

    Tramos más divertidos: la primer parte del Camino Natural y el descenso del camino antiguo después de los eólicos. En el descenso por el Cerves no fui muy avezado haciendo bici-senderismo.

    Bien explicado con excelente información adicional en forma de WP.

  • Фото julk

    julk 9 квіт. 2017

    Gracias por el comentario, Calan. Efectivamente, el peor de los tramos está al poco de dejar atrás Berán, hasta casi llegar a Orega. No sé actualmente, pero en invierno, además de hierba alta, había atravesado un gran árbol que dificultaba el paso...

    Un saludo!

You can or this trail